lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Bruno, da CD Ameixenda, falece ao caer co seu coche por un terraplén en Cee

Bruno Castro era jugador de la SD Ameixenda
Bruno Castro era jugador de la SD Ameixenda

Bruno Castro Sambade, de 34 ano, veciño de Cee e xogador da SD Ameixenda, perdía a vida este domingo ao saírse da vía co vehículo no que viaxaba e precipitarse por un terraplén. 

Así, tal como informaron fontes da Policía Local de Cee a Europa Press, o suceso ocorreu ao redor das 14.15 horas deste domingo na estrada que une os municipios de Cee e Muros. 

Castro, único ocupante do vehículo, saíuse da vía co seu coche, un Citroën Xsara, á altura da parroquia da Ameixenda. 

Así mesmo, fontes do 112 Galicia sinalaron a Europa Press que foi un particular o que alertou os servizos de urxencia. Polo ocorrido, precisouse da actuación do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil do devandito municipio. 

Xa no lugar, os servizos sanitarios só puideron constatar a morte do mozo, mentres que os bombeiros tiveron que excarcerar o corpo, xa que se atopaba atrapado no vehículo. 

Bruno, da CD Ameixenda, falece ao caer co seu coche por un...
Comentarios