Buscan a unha adolescente de 16 anos que desapareceu dun centro en Allariz

A moza desaparecida mide 1,50 metros , ten os ollos marróns, o pelo castaño e é de complexión corpulenta
EigmBGYWAAE_pBf

Un operativo integrado por Garda Civil e Policía Nacional busca a unha adolescente de 16 anos que desapareceu este pasado venres dun centro de menores de Allariz (Ourense). 

Trátase de Iria de las Nieves Shuibat Pita e foi vista por última vez nesta localidade ourensá o pasado 18 de setembro, segundo difunde nas redes sociais, a organización de SOS Desaparecidos. Os pais denunciaron a súa desaparición despois de que a moza non volvese ao centro de menores. 

Fontes consultadas detallaron a Efe que se trata dunha moza "reincidente" que leva pouco en Allariz e que protagonizou sucesos similares. De feito, a última vez apareceu na localidade de Monforte de Lemos

A moza desaparecida mide 1,50 metros de estatura, ten os ollos marróns, o pelo castaño e é de complexión corpulenta. As forzas de seguridade pediron a calquera persoa que a haxa visto que chame ao 062 ou ao 112, ou aos teléfonos 642 650 775 e 649 952 957. 

Comentarios