Caballero, exultante: "Move máis xente o Nadal de Vigo que o Camiño de Santiago"

Disney elige la ciudad olívica para el preestreno en España de 'Frozen 2'
Abel Caballero, un alcalde orgullo de su alumbrado.DP
photo_camera Abel Caballero, un alcalde orgulloso de su alumbrado.DP

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres un acordo alcanzado entre o Concello olívico e The Walt Disney Company Iberia, de maneira que a multinacional converterá a rúa Progreso na Rúa Frozen, con motivo da estrea da segunda parte desta taquillera película de animación.

Nunha rolda de prensa, o rexedor, quen asegurou que o Nadal vigués "move máis xente que o Camiño de Santiago", avanzou que Disney encargarase da iluminación e animación desa rúa, e que Vigo acollerá a preestrea nacional de Frozen 2, o 20 de novembro nos cines de Praza Elíptica (ao que se poderá acudir con invitación). Ademais, o 21 de decembro haberá un pase especial para colectivos sociais de atención a nenos "desfavorecidos". 

Abel Caballero, matizou que o convenio con Disney ten custo económico "cero" para o Concello e explicou tamén que o aceso inaugural da Rúa Frozen será o sábado 23 de novembro, unha hora despois de que se realice o acto de aceso na Porta do Sol.

Un frame de Frozen 2. EP

COMPARACIÓN CO CAMIÑO. Durante a rolda de prensa, o rexedor olívico ha volto a pór en valor a repercusión da campaña do Nadal da cidade, e sinalou que "move máis xente o Nadal de Vigo que o Camiño de Santiago", tal e como, afirmou, lle comentou nas últimas horas o presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla

O alcalde de Vigo afirmou, como exemplo do éxito da iluminación e a animación, que só desde a localidade cántabra de Torrelavega, viaxarán 6 autobuses cheos de xente que visitarán a cidade, e que chegarán turistas doutros moitos lugares, entre eles, dous autocares desde Pinto (Madrid). 

Comentarios