jueves. 02.07.2020 |
El tiempo
jueves. 02.07.2020
El tiempo

Caballero reivindica unhas listas aprobadas "sen un só voto en contra"

Caballero con Arangüena, Otero e Ortega, este venres en Santiago. LAVANDEIRA JR (Efe)
Caballero con Arangüena, Otero e Ortega, este venres en Santiago. LAVANDEIRA JR (Efe)
A socialista chama á mobilización polo cambio no 5-A

O líder do PSdeG e candidato dos socialistas galegos á Xunta, Gonzalo Caballero, reivindicou este venres as candidaturas para as eleccións galegas do 5 de abril. Asegura que son unhas listas que apostan pola "renovación", a presenza da muller e persoas que tiñan unha traxectoria profesional previa á marxe da política. 

Tras ratificar Ferraz sen cambios as listas que aprobou na pasada xornada o Comité Nacional do PSdeG, que si fixo retoques sobre as propostas das provinciais, Caballero compareceu na Praza do Obradoiro acompañado dos outros tres cabezas de cartel: Pablo Arangüena (A Coruña), Patricia Otero (Lugo) e Marina Ortega (Ourense). 

A preguntas dos xornalistas, Caballero defendeu que se trata dunhas "magníficas" listas e subliñou que foron aprobadas "por aclamación, por unanimidade" e "sen un só voto en contra" no Comité Nacional do PSdeG, "onde hai decenas de membros das provincias". 

Dito isto, apuntou que "sempre hai máis compañeiros que queren estar en postos de saída". "Hai os postos que hai e, xa que logo, sempre que se fan listas, hai compañeiros que poderían estar, pero non hai espazo para todos", sinalou.

Caballero, a partir de aí, asegurou que teñen "boas candidaturas, nas que a cidadanía pode confiar, para gañar cunha maioría social de progreso en Galicia". "O PSdeG ten un proxecto galego e galeguista máis aló de posicións particulares, locais ou provinciais, e ese contido galeguista plasmouse no Comité do PSdeG cunhas listas de renovación, con ampla presenza de mulleres, con xente preparada que representa a Galicia plural e diversa do progresismo", subliñou.

Preguntado sobre por que se introduciron cambios en relación ás propostas das provinciais, sinalou que a configuración das listas, segundo determinan os estatutos socialistas, corresponde "aos órganos nacionais do PSdeG", máis aló das propostas que poidan formular os militantes e agrupacións do país.

Alerta de que o PPdeG tratará de "asustar"
Caballero situou fronte ao proxecto socialista a un PPdeG que tratará de alarmar "e de asustar" en relación a esa idea de cambio e á posibilidade de que o encarnen distintas forzas políticas de esquerdas, cuxo liderado —insistiu— está chamado a ocupar o PSdeG. 

Un PPdeG, con Alberto Núñez Feijóo á fronte, cuxa xestión asegurou que se caracterizou "polos recortes en sanidade, educación e servizos sociais". 

Así, insistiu en que o PSdeG debe liderar "o espazo progresista do cambio" e pediu a confianza dos galegos. Como argumento, recorreu á experiencia de xestión dunha organización que goberna "en cinco das sete cidades galegas, en máis de cen concellos e en tres das catro deputacións". Apelou a partir de aí á mobilización "activa e masiva" da cidadanía para lograr o cambio. 

Caballero reivindica unhas listas aprobadas "sen un só voto en contra"
Comentarios