Cae a rolos en coche por un terraplén de 50 metros en Manzaneda e sae polo seu propio pé

Foi o condutor o que deu o aviso ao 112 tras sufrir o aparatoso sinistro. Só sufriu mazaduras
Una ambulancia. ARCHIVO
photo_camera Una ambulancia. ARCHIVO

Un condutor alertou do seu propio accidente ao 112 logo de caer por un terrpalén de 50 metros en  Manzaneda. A central de urxencias recibiu unha chamada na noite do venres na que o home alertaba do accidente que acababa de sufrir co seu vehículo.

Os datos facilitados pola vítima, que só sufriu rascaduras e mazaduras, foron determinantes para localizalo. Segundo relata o CIAE 112 Galicia, o condutor abandonou polos seus propios medios o coche e solicitaba axuda para subir de novo á estrada situada no lugar da Reigada. 

Coa información achegada polo condutor, que viaxaba en dirección A Reigada, o persoal de urxencias localizou á vítima, que foi trasladado a un centro médico para ser atendido. 

Ademais dos efectivos de Urxencias Sanitarias 061, tamén acudiron ao lugar do incidente os bombeiros de Manzaneda e membros do GES de Castro Caldelas, que procederon a recuperar as pertenzas do condutor e desconectar a fonte de alimentación eléctrica do coche. 

ACCIDENTE EN SALVATERRA. Por outra banda, os Bombeiros do Baixo Miño tiveron que liberar a unha muller que quedou atrapada entre o seu vehículo e unha columna no municipio pontevedrés de Salvaterra do Miño. 

O incidente produciuse durante a tarde do venres, ao redor da 20,00 horas, cando a muller se atopaba cunha perna dentro do coche e a outra fose, apoiada para saír, e o coche moveuse en punto morto ata deixala coa perna atrapada. 

Para socorrela, ata o lugar dos feitos, acudiron os bombeiros de Baixo Miño, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, os axentes da Policía Local e os efectivos do Parque de Bombeiros-GES Ponteareas.