viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Calor e algúns chuvascos no sur para votar por primeira vez en xullo

A praia da Madalena, en Cabanas, este sábado. EFE
A praia da Madalena, en Cabanas, este sábado. EFE

Os galegos van este domingo ás urnas cunha xornada de verán, con temperaturas que superarán os 30 graos en moitos puntos da comunidade. É un día de praia e río, que, atendendo ás previsións de Meteogalicia, é posible que se trunque pola tarde no interior do sur de Galicia con algunhas treboadas e chuvascos

METEOGALICIA

Na primeira xornada de votación nun mes de xullo, os galegos poderán substituír os abrigos de outono de anteriores convocatorias electorais pola roupa propia do verán, á vista de que as temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. De feito, Ourense alcanzará os 36 grados, Pontevedra os 35 e Vigo os 34, bastante por enriba dos 27 previstos para Lugo.

Así as cousas, hai avisos de nivel amarelo para a tarde para zonas de Ourense (Valdeorras e Miño) e de Pontevedra (litoral e Miño) ante a previsión de que os termómetros superarán alí os 34 graos.

En canto ás temperaturas mínimas, o mapa urbano de Meteogalicia apunta a que se moverán entre os 14 graos da capital lucense e os 23 da olívica. 

Con todo, a xornada pode deixar chubascos localmente treboentos nalgúns puntos do sur no interior, sobre todo pola tarde.

Calor e algúns chuvascos no sur para votar por primeira vez en xullo
Comentarios