Unha canción dun trapeiro de Vilagarcía incendia as redes por incitar aos malos tratos

O artista coñecido como Fresh Rupe viuse obrigado a retirar de Youtube o videoclip do tema, que inclúe frases como "me pide que abuse de ella, que le dé bien duro, que le dé maltrato"

Os autores do polémico tema, Fresh Rupe y Duvali. DP
photo_camera Os autores do polémico tema, Fresh Rupe y Duvali. DP

"Me pide que abuse de ella, que le dé bien duro, que le dé maltrato". É parte da letra de Mi nombre, un tema asinado polo cantante de trap vilagarcián Fresh Rupe en colaboración con Duvali que incendiou as redes por incitar ao abuso. A indignación xerada obrigou ao autor a retirar de Youtube o videoclip da canción, gravado na localidade arousá.

 

Xa dispoñible en Youtube! O meu novo videoclip “O meu nome” En colaboración De Duvali ð???ð???<>

Unha publicación compartida da â?? Rupefreshrupe)> o 26 Abr, 2018 ás 1:32 PDT

Un dos primeiros colectivos en denunciar a canción foi O Soño de Lilith, que acusa os autores do tema de fomentar "a cultura da violación" con frases " tan vomitivas coma "dice que no puede pero quiere mucho más".

Fresh Rupe conta cun gran séquito de fans. En Instagram acumula máis de 71.000 seguidores e os dous vídeos da súa conta de Youtube xa superan as 150.000 visualizacións. Do mesmo xeito que o tema denunciado, o machismo está moi presente nas letras das súas demais cancións.

Comentarios