O expresidente do Compostela José María Caneda protagonizou un tenso momento durante o debate electoral celebrado este luns entre os candidatos á alcaldía de Santiago.
Ir a un debate das candidaturas de Compostela e que #Caneda comece a liarllas a #Bugallo. Cousas veredes pic.twitter.com/Fswy0fJlGU
— Adrián Dios Vicente (@Outes) 20 de maio de 2019
O que foi máximo mandatario do equipo santiagués interviu de forma espontánea durante o turno de Xosé Sánchez Bugallo coa intención de reabrir debates pasados sobre o club que se remontan á etapa do socialista á fronte do Concello. "Como ten tanto morro de presentarse aí", declarou Caneda.
Os desencontros entre o expresidente do Compostela e o exalcalde por cuestións relacionadas co club foron unha constante durante a etapa de Bugallo en Raxoi.