Carcedo recorda que pronto se convocarán 105 prazas de médico de familia en Galicia

A ministra de Sanidade advirte de que non se poden "inventar" convocatorias MIR e recorda á Xunta a súa competencia en xestión

A ministra de Sanidade María Luisa Carcedo posa para a fotografía de familia durante a súa visita ao Laboratorio de Referencia de Biotoxinas Marinas da UE en Vigo. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera A ministra de Sanidade María Luisa Carcedo posa para a fotografía de familia durante a súa visita ao Laboratorio de Referencia de Biotoxinas Marinas da UE en Vigo. SALVADOR SAS (EFE)

O Ministerio de Sanidade advertiu á Xunta de Galicia de que non se poden "inventar" convocatorias de MIR (médico interno residente) e que xa se espremeron ao máximo" as capacidades docentes, á vez que recordou que a competencia de xestionar os servizos de saúde, distribución de facultativos e condiciones labores, é de cada comunidade autónoma. 

Así o manifestou a ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social, María Luisa Carcedo, a preguntas dos medios durante unha visita ao laboratorio europeo de referencia de biotoxinas mariñas, que se atopa no campus universitario de Vigo. 

Carcedo recordou que, en próximos días, celebrarase unha convocatoria de MIR cun 5% máis de prazas en todo o país, e que en Galicia isto traducirase en 404 prazas (dez máis que o ano pasado), das que 105 son para medicina de familia e comunitaria. 

"Esprememos ao maximo as capacidades docentes, non podemos inventarnos prazas para os MIR", subliñou a ministra de Sanidade, á vez que recordou que este tipo de convocatorias dependen das capacidades docentes dos propios sistemas de saúde de cada comunidade. "Esas capacidades teñen que acreditarse", sinalou, e incidiu en que "a clave" do sistema de saúde é a "gobernanza conxunta" entre administración central e administracións autonómicas, "pondo en común, de forma cooperativa, as competencias de cada cal". 

María Luisa Carcedo apuntou, así mesmo, que o ministerio está a abordar, en reunións bilaterais coas comunidades, a resolución das 505 solicitudes de acreditación "que había acumuladas desde 2012" e, no caso de Galicia, identificáronse "23 novas prazas que se incorporarán na próxima convocatoria MIR, o próximo ano".

XESTIÓN AUTONÓMICA. Por outra banda, e a preguntas dos medios sobre o déficit de facultativos que esgrime a Xunta, a ministra recordou que, segundo varios informes, o número total de médicos en España está por encima da media dos países da contorna, pero "o problema é a distribución". 

A ese respecto, matizou que, no marco da capacidade de xestión do seu servizo de sanidade, cada comunidade ha de procurar "unha distribución equilibrada". "Pero é unha xestión que compete ás comunidades. O que sorprende é que parece que este problema xurdiu agora e, dentro da planificación de servizos, coñecemos dabondo a idade dos profesionais, a súa idade de xubilación,...", recalcou. 

Segundo manifestou Carcedo, son as administracións autonómicas as que teñen esa información, e tamén a relativa a cuestións como carencia de médicos en zonas rurais. Por iso, sinalou, algunhas comunidades xa tomaron medidas como atrasar de forma voluntaria da idade de xubilación ou establecer incentivos para fixar o persoal de profesionais.

Finalmente, a ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social recoñeceu que o sistema sanitario foi "sometido a severos recortes" nos últimos anos, e sufriu as consecuencias de medidas como a taxa de reposición. 

Así, engadiu, se a sanidade mantivo a súa calidade nestes anos, foi "a costa do traballo e a responsabilidade enorme dos profesionais", aínda que recoñeceu que eses recortes se traduciron en sobrecarga "" e "malestar". 

Comentarios