lunes. 09.12.2019 |
El tiempo
lunes. 09.12.2019
El tiempo

O fiscal pide 66 anos de cárcere para o líder dos Miguelianos

Miguel Rosendo, líder de los Miguelianos. SALVADOR SAS
Miguel Rosendo, líder de los Miguelianos. SALVADOR SAS

Acusa a Miguel Rosendo de tres delitos contra a liberdade sexual, cinco de coaccións, doce contra a integridade moral e un de asociación ilícita

A Fiscalía pide 66 anos de cárcere para o líder da extinta Orde e Mandato San Miguel Arcanxo, Feliciano Miguel Rosendo da Silva, por tres delitos contra a liberdade sexual, cinco de coaccións, doce contra a integridade moral e un de asociación ilícita.

Ademais de Rosendo sentarán no banco de acusados outras seis persoas, entre elas dúas pseudomonxas, para quen o fiscal pide dous anos de prisión por un delito de asociación ilícita.

Segundo consta no escrito de acusación, ao que tivo acceso Efe, o fiscal atribúe a Miguel Rosendo, en prisión provisional desde novembro de 2014, tres delitos contra a liberdade sexual, un de agresión sexual continuada e dúas de abuso sexual continuado.

O representante do ministerio público pide para o líder dos Miguelianos unha orde de afastamento respecto destas tres vítimas dun quilómetro durante 10 anos despois do cumprimento da condena, e fixa as indemnizacións en 81.000 euros, co Obispado de Tui Vigo como responsable civil subsidiario.

O fiscal pide 66 anos de cárcere para o líder dos Miguelianos
Comentarios