Os casos activos baixan dos 20.000 en Galicia, pero as Uci contan cun paciente máis

Os novos casos detectados nun día descenden até os 833, aínda que a positividadee volve subir até o 7,4% 
Un home sométese a un test de antíxenos na Coruña. EUROPA PRESS
photo_camera Un home sométese a un test de antíxenos na Coruña. EUROPA PRESS

O número de altas volveu a superar ao de novos diagnósticos en Galicia, o que permitiu que os casos activos de covid-19 caian por quinto día consecutivo, ata os 19.966. Isto supón baixar da barreira dos 20.000, que se superou o 23 de xaneiro por primeira vez. 

En concreto, de acordo cos datos deste domingo feitos públicos pola Consellería de Sanidade, solicitados até as 18,00 do sábado, nas últimas 24 horas se detectaron na Comunidade galega 833 positivos por coronavirus –819 confirmados cunha PCR-, que son 86 menos que os rexistrados a xornada anterior. 

En canto á presión hospitalaria, os pacientes ingresados con covid-19 volveron descender lixeiramente en nove, até colocarse nos 1.274. Con todo, isto débese á baixada rexistrada nas plantas convencionais, onde hai 1.026 persoas –10 menos–, posto que nas unidades de coidados intensivos (Uci) son unha máis que onte, un total de 248. 

De feito, a pesar de que cinco das sete áreas sanitarias galegas seguen a tendencia á baixa, aínda hai dúas nas que aumenta a presión hospitalaria. Na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras hai 171 ingresados, dos cales 18 –un máis– están en críticos; mentres que en Vigo subiron en cinco, até os 166, o total de hospitalizados, e en catro, até os 30, os que están en Uci. 

Pola súa banda, a área sanitaria da Coruña-Cee continúa como a que máis ingresados ten, con 367 --un menos--, dos que 81 --os mesmos que hai un día-- seguen en coidados intensivos. 

Tras o coruñés, atópase o distrito de Ferrol con 174 hospitalizados (-11), 24 deles (-1) en Uci; Santiago-Barbanza, con 173 (-7), 44 deles (sen cambios) en Uci; Pontevedra-O Salnés, con 128 (-2), dos que 23 (-1) están en críticos; e Lugo-A Mariña-Monforte, con 95 ingresados en total (-2), dos cales 28 (-2) están en coidados intensivos.

CASOS ACTIVOS. Tamén a cifra global de casos activos --persoas que aínda padecen a enfermidade-- segue coa súa tendencia descendente despois de rozar os 23.000 o pasado 29 de xaneiro. Nos datos deste domingo, Sanidade informa dun total de 19.966 pacientes de covid, 921 menos que unha xornada atrás. 

A baixada volve ser sostida en todas as áreas sanitarias. A da Coruña-Cee é a que máis casos activos acumula, cun total de 5.319, aínda que rexistrou unha caída de 223 nas últimas 24 horas. Seguen a esta a de Vigo, cun total de 3.301 pacientes (-168), e Santiago-Barbanza, con 3.023 (-160). 

Pontevedra-O Salnés conta con 2.526 enfermos de covid (-36), Ourense-Verín-O Barco con 2.240 (-169); Lugo-A Mariña-Monforte, con 1.963 (-94); e Ferrol, con 1.694 (-71). 

Os descensos na cifra de casos activos significan que se produciron máis altas que novos diagnósticos. En concreto, nas últimas 24 horas curáronse 1.738 persoas do coronavirus, polo que a cifra total da pandemia sitúase nos 82.275.

NOVOS CASOS DETECTADOS. Os novos casos de covid detectados --por diferentes tipos de probas-- tamén descenderon, até o total de 833 positivos nun día --819 confirmados cunha PCR--, que son 86 menos que os notificados o día previo. 

Por áreas sanitarias, a da Coruña volveu a ser este domingo a que máis contaxios detectou, con 285 novos, que son 24 máis que a xornada anterior. Tamén subiron, aínda que lixeiramente, os positivos rexistrados en Lugo, con 92 (+1); e en Ourense, con 81 (+4). 
Con todo, os casos detectados baixaron no resto de áreas: Pontevedra notificou 112 novos (-2); Santiago, 108 (-22); Vigo, 103 (-53); e Ferrol, 52 (-38).

PCR E POSITIVIDADE. En canto á taxa de positividade en Galicia --porcentaxe de infeccións por PCR realizadas-- volveu a subir até o 7,5%, despois de situarse no 6,4% o sábado. 

Con todo, a Comunidade galega aínda se atopa lixeiramente por encima do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia e leva sen baixar desa cifra desde o 24 de decembro. 

Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 1.497.496 probas PCR, das que 11.893 se preacticaron nas últimas 24 horas, ao redor dun milleiro menos que as 12.980 do día anterior.

FALECIDOS. Pola súa banda, ata a data morreron en Galicia 1.950 persoas diagnosticadas de coronavirus, tras informar a Consellería de Sanidade de 16 falecementos na noite do sábado. Destas vítimas, dúas estaban vinculadas con residencias de anciáns. 

Desde que comezou a pandemia, na Comunidade galega diagnosticouse de coronavirus a un total de 104.176 persoas. A área sanitaria da Coruña-Cee acumula 24.146 do global de infeccións, seguida de Vigo (19.757), Santiago-Barbanza (16.973), Ourense-Verín-O Barco (13.925), Pontevedra-O Salnés (11.249), Lugo-A Mariña-Monforte (10.864) e Ferrol (7.262). 

Comentarios