viernes. 07.05.2021 |
El tiempo
viernes. 07.05.2021
El tiempo

Catro novas mortes por Covid en Galicia, que xa contabiliza 2.148 casos activos

Parte de la fachada del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)
Parte de la fachada del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)
Os falecementos rexistráronse na área da Coruña e na de Lugo. Os infectados soben en 153 con respecto ao venres

Catro persoas contaxiadas de coronavirus faleceron nas últimas horas en Galicia: un usuario de 66 anos da residencia do Incio onde se detectou un brote e tres persoas na área da Coruña. Trátase de dúas mulleres de 91 e 89 anos, e un home de 92, todos con patoloxías previas.

Por outra banda, os casos activos de coronavirus en Galicia seguen en ascenso. Segundo os últimos datos aportados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o número de infectados este sábado é de 2.148, 153 máis que o venres, a maioría na área da Coruña (1.167).

Na área de Lugo hai 278 casos, na de Ourense, 195, na de Santiago, 172 e na de Vigo, 143. En Pontevedra contabilizanse 96 contaxiados e en Ferrol, 97.

Do total de pacientes positivos, oito están en Uci, 63 en unidades de hospitalización e 2.077 evolucionan nos seus domicilios.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.815 persoas curadas, rexistrándose 632 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 299.022.

Catro novas mortes por Covid en Galicia, que xa contabiliza 2.148...
Comentarios