Os casos en residencias de maiores de Galicia mantéñense en 60 usuarios e 52 traballadores

Recibiron a alta un traballador dun xeriátrico e un dun centro de atención a discapacitados 
 
Unha traballadora suxeita a man dunha muller nunha residencia de Celanova. BRAIS LORENZO
photo_camera Una usuaria de una residencia de mayores. BRAIS LORENZO

O número de usuarios de residencias de maiores galegas afectados por Covid-19 mantense, sen cambios, en 60, mentres que os traballadores de centros xeriátricos afectados reducíronse nun, segundo os datos facilitados este martes pola Consellería de Política Social. 

Así, nas últimas horas recibiu o alta un traballador a residencia San José-Hermanitas de Ourense, de modo que o total de empregados afectados nestes centros sitúase en 52. 

A residencia con máis usuarios positivos por este coronavirus segue sendo Santa Teresa Jornet da Coruña, con 24 casos, seguida por DomusVi Matogrande, Caser A Zapateira, San José Hermanitas de Ourense e O Portazgo, con 4 casos cada unha. No resto de centros xeriátricos hai entre 1 e 2 usuarios con coronavirus. 

En canto aos traballadores destas residencias, o maior número de afectados correspóndese co centro A Nosa Señora da Esperanza de Ourense, con 12 casos.

Na residencia Divino Mestre hai 7 traballadores positivos e 6 na DomusVi de Cangas. No resto de centros afectados, os empregados con Covid-19 oscilan entre 1 e 4.

CENTROS DE ATENCIÓN A DISCAPACITADOS. Nos centros de atención a persoas con discapacidade, seguen estando afectados 13 usuarios. No CAPD da Coruña hai 5 usuarios afectados e en DomusVi de Bóveda hai 4 usuarios con coronavirus; o resto de centros (vivendas Aspronaga, CAPD de Redondela, residencia Monterrei e residencia Amicos) teñen un caso cada un. 

Con respecto aos traballadores destes centros, reduciuse nun o número de afectados, tras recibir o alta un empregado do CAPD de Redondela, e o total é de 8 casos. Así, quedan dous casos no CAPD da Coruña e en Santa María-San Rosendo; no resto de centros afectados (Amicos, DomusVi Bóveda, Monterrei e CAPD de Redondela) hai un caso en cada un. 

Comentarios