domingo. 08.12.2019 |
El tiempo
domingo. 08.12.2019
El tiempo

Castrillón pon outra marcha

Germán Castrillón.
Germán Castrillón.

O ex piloto de ralis e rexedor de Cabanas será candidato do PP á alcaldía de Narón

O alcalde de Cabanas (A Coruña), Germán Castrillón (PP), será o candidato popular á alcaldía de Narón nas próximas eleccións municipais que se celebrarán en maio de 2019.

Así o aseguraron a Europa Press fontes próximas ao actual rexedor do municipio situado na comarca do Eume e outras próximas ao PP de Narón, que trasladaron que esta "operación" leva varias semanas xestándose e que nos próximos días está previsto facerse pública.

CastrillonCastrillón ostenta desde 2007 o bastón de mando do Concello de Cabanas, municipio ao que está unido por un vínculo laboral, ao ter situada alí unha empresa do ramo do automóbil. No entanto, o rexedor sempre residiu en Narón, onde é moi coñecido.

De feito, na súa faceta como deportista (piloto de ralis) sempre o vincularon con Narón. Castrillón comezou a súa carreira en probas do certame rexional a mediados dos anos oitenta e logrou a ser ata en seis ocasiones campión galego de ralis de asfalto, ademais doutros logros destacados nesta modalidade deportiva a nivel nacional. 

CHEGADA Á POLÍTICA. Tras retirarse do mundo da competición, Castrillón decidiu dar o paso ao ámbito da política e en 2007 logrou converterse en alcalde de Cabanas grazas a unha coalición cun partido independente. Catro anos máis tarde, en 2011, o popular lograría a maioría absoluta.

En 2015, a súa candidatura foi de novo a máis votada, pero non logrou repetir maioría absoluta por poucos votos, polo que tivo que recorrer de novo a un pacto con outra formación independente para continuar liderado o goberno.

Actualmente, segundo diversas fontes consultadas, Germán Castrillón atoparíase pechando a súa etapa á fronte da alcaldía de Cabanas para dar paso a traballar no ámbito de PP de Narón, onde se medirá nas próximas eleccións municipais, entre outros, á actual alcaldesa, Marián Ferreiro (TeGa).

A rexedora xa foi confirmada polo seu partido por loitar polo posto que ocupa, sendo ademais estas as primeiras eleccións para a rexedora como candidata. E é que Ferreiro accedeu ao bastón de mando de Narón en setembro de 2017 tras a renuncia de José Manuel Branco ao chegar á idade da xubilación. 

Castrillón pon outra marcha
Comentarios