Catro feridos nun accidente múltiple en Vigo con seis vehículos implicados

Unha das persoas tivo que ser excarcerada
Varios de los vehículos implicados en el accidente múltiple en Vigo. SXENICK
photo_camera Varios de los vehículos implicados en el accidente múltiple en Vigo. SXENICK

Catro persoas resultaron feridas nun accidente múltiple ocorrido este sábado en Vigo no que se viron implicados seis vehículos. Un dos feridos tivo que ser excarcerado polos bombeiros ao quedar atrapado no interior dun dos turismos.

O accidente ocorreu na Avenida de Alcalde Portanet, á altura do número 40. A colisión tivo lugar ás 10.15 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta de varios particulares que solicitaban axuda para os ocupantes dos vehículos implicados nun accidente parroquia de Santa María de Castrelos.

Foron mobilizados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vigo e Protección Civil da localidade. Unha vez no punto, os servizos de urxencia fixeron uso do material de excarceración para liberar a un dos feridos. Finalmente, as catro persoas feridas foron evacuadas en ambulancia ao hospital.