Catro persoas resultan feridas nun accidente de tráfico no Corgo

A colisión produciuse na A-6 e nela víronse involucrados dous vehículos

Os servizos sanitarios de urxencias trasladaron ata un centro hospitalario a catro persoas que resultaron feridas nunha colisión entre dous coches no Corgo este venres pola noite.

O accidente ocorreu no punto quilométrico 478 da A-6, ao fío das 22:35 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do sinistro a través dun particular.

Enseguida, desde o Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso á Garda Civil de Tráfico, ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Sarria.