Un cazador perde os nervios en Castro de Rei e dispara ante a presenza de activistas

A Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza denuncia que apuntou ao coche onde viaxaban as mulleres ►Desde o Tecor Terra Chá condenan o acto y aseguran que realizou un tiro "ao aire"

Cazadores e activistas viviron este sábado unha tensa situación en Castro de Rei que ata requiriu a presenza da Garda Civil tras realizarse un "disparo ao aire".

Os feitos ocorreron en torno ás 10.30 horas na zona de Coea-Bazar durante a celebración dun campionato organizado polo Tecor Terra Chá. Un grupo de mulleres que viaxaba nun turismo cruzouse cunha cuadrilla e un dos cazadores perdeu os nervios e pegou un tiro.

Desde a Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza –colectivo que se fixo eco do suceso–  aseguran que o cazador disparou cara o coche onde viaxaban as mulleres, que non están vinculadas á asociación animalista.

Pola súa parte,  o presidente do Tecor, Jaime González, defende que o home pegou un tiro "ao aire". Con todo, considera que o xesto foi un "erro grave" e condena o acto. 

Tras o suceso, a Gardia Civil de Vilalba personouse no lugar e requisou a arma. 

PRESENZA DE MENORES. A Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza denunciou ademais que na cuadrilla había, polo menos, un menor. 


 

Comentarios