Miércoles. 12.12.2018 |
El tiempo
Miércoles. 12.12.2018
El tiempo

Chaman a doar sangue nesta ponte, en especial dos grupos A+ e 0+ 

Unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia en Lugo. J.VÁZQUEZ
Unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia en Lugo. J.VÁZQUEZ

Este venres haberá unidades móbiles para doar en Ferrol (Praza de España), A Coruña (Cantón-Obelisco), Zas, Ribeira, Viveiro, Verín, Arbo, Lalín e Nigrán

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) invita a todos os cidadáns a doar sangue nas xornadas previas á primeira ponte festiva do mes de decembro. En concreto, destaca que se necesita incrementar o volume de doazóns dos tipos A positivo (A+) e Cero Positivo (0+) por un aumento das necesidades destes grupos sanguíneos nas últimas semanas. 

Así mesmo, ADOS incide na importancia da necesidade de incrementar nos próximos días o número de doazóns do grupo Cero negativo (0-), popularmente coñecido como doante universal. 

Os períodos vacacións e as pontes festivas necesitan dun "reforzo no chamamento á participación" dos cidadáns, destaca ADOS, porque nestes períodos "pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios". 

Deste xeito, recorda ADOS que todos os días do ano necesítanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir o abastecemento adecuado de compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos. 

Por iso, as dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán ao longo desta semana máis de 30 concellos para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos. 

Este venres 7 haberá unidades móbiles para doar en Ferrol (Praza de España), A Coruña (Cantón-Obelisco), Zas, Ribeira, Viveiro, Verín, Arbo, Lalín e Nigrán. 

Chaman a doar sangue nesta ponte, en especial dos grupos A+ e 0+ 
Comentarios