A choiva négalle a Vigo ver a Abel Caballero no escenario con Heredeiros da Crus

A cidade olívica suspende os actos do Entroido para este martes

Abel Caballero. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Abel Caballero. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Concello de Vigo decidiu cancelar os concertos de Tony Lomba & Elio Dos Santos e Heredeiros da Crus, así como a queima do meco prevista para este martes pola noite por motivos climatolóxicos, segundo informou nun comunicado a alcaldía.

"É unha pena porque o iamos pasar ben. Unha choiva que non está escrita", sinalou o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Meteogalicia activou a alerta amarela por fortes ventos e prevé ademais unha grande acumulación de precipitacións entre as 18.00 horas e a medianoite.

O Concello de Vigo decidiu manter o concurso de disfraces na lonxa do Concello.

Comentarios