jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Os chuvascos irán remitindo ao longo dun frío venres

Durante a xornada do venres persistirá en Galicia o aire frío, con ceos parcialmente cubertos con chuvascos máis frecuentes e intensos ás primeiras horas e que irán remitindo co avance do día.

A cota de neve comezará nos 1.000 metros e irá en progresivo ascenso. 

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas terán un lixeiro ascenso. 

Os ventos soprarán do noroeste, moderados en xeral, con intervalos fortes na costa pola mañá. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 12º/13º, Ferrol 10º/15º, Lugo 5º/11º, Ourense 7º/15º, Pontevedra 7º/14º, Santiago 7º/13º, Vigo 9º/15º

Os chuvascos irán remitindo ao longo dun frío venres
Comentarios