miércoles. 02.12.2020 |
El tiempo
miércoles. 02.12.2020
El tiempo

Un coche sáese da estrada e acaba no mar no paseo de Carril

Trabajos de rescate. DP
Trabajos de rescate. DP
O condutor foi trasladado ao Hospital do Salnés

Un turismo saíuse da estrada este sábado xunto ao paseo de Carril, en Vilagarcía, e acabou no mar tras levar por diante unha parte da varanda. Algunhas testemuñas apuntan a que o coche, no que viaxaba un home, quedou envorcado sobre unha barca amarrada na zona.

O condutor, un veciño de Vilagarcía duns 32 anos, foi trasladado ao Hospital do Salnés para ser atendido, atendendo á información facilitada pola Policía Local. Os primeiros indicios apuntan a que o Volkswagen que conducía saíuse nunha rotonda e acabou no mar.

O sinistro, rexistrado a última hora da tarde, levou a mobilizar a Bombeiros, Policía Local e persoal de urxencias.

Equipos de urxencias na zona. EMERXENCIAS CAMBADOS

Un coche sáese da estrada e acaba no mar no paseo de Carril