Viernes. 22.06.2018 |
El tiempo
Viernes. 22.06.2018
El tiempo

O colectivo 'Libera!' cifra en 19.000 os animais que foron abandonados en Galicia en 2017

Protesta de Libera! Galicia. XESÚS PONTE
Protesta de Libera! Galicia. XESÚS PONTE

Libera! Galicia asegurou que o comercio a través de Internet e a falta de inspeccións disparan a cifra de abandonos

O número de animais abandonados en Galicia en 2017 aumentou até os 19.000, segundo os datos estimados pola Asociación Animalista Libera! Galicia e a Fundación Franz Weber, que alertan do incremento que se está rexistrando de "prácticas irregulares" como o comercio de animais a través de Internet.

O colectivo animalista explica que realizou o estudo mediante a análise dos datos que figuran nas publicacións que aparecen en redes sociais, estatísticas de centros de recollida pertencentes a administracións públicas e a cantidade de rescates realizados en diferentes refuxios da comunidade.

Deste xeito, cuantifican en 19.000 os animais, principalmente cans e gatos, que foron abandonados durante o pasado ano, unha cifra que suporía un aumento do 31,5% con respecto a 2013, no que estes colectivos comezaron a estudar o número de abandonos en Galicia.

Trátase, indican, "da cantidade máis elevada desde o inicio destas estimacións para xerar datos ao redor dunha secuela que cada vez supón un maior custo público para as institucións locais, provinciais e a Xunta". As dúas entidades advirten do "descontrol coastransaccións a través de coñecidas redes sociais ou de páxinas web de compravenda", que están a fomentar "o mantemento dunha bolsa de animais sen identificar" que acabaría alimentando o elevado número de abandono de animais tras distintas datas sinaladas, "ademais da venda e intercambio de determinadas razas caninas que en mansinadecuadas supoñen un problema engadido".

Ante esta situación, os animalistas calcularon que se a Xunta de Galicia sancionase tan só o 30% dos abandonos do pasadoexercicio, "recadaría un mínimo de 2,8 millóns de euros e un máximo, aplicando a sanción máis elevada -5.000 euros por caso-, de 28 millóns".

Por este motivo, lamentaron a falta de expedientes e de posteriores multas que atribúen "á falta de compromiso do goberno da comunidade" na que os animalistas suxiren que existe "impunidade do 99,9% dos casos". Neste sentido, as organizacións valoraron que a Lei de Benestar Animal contén novidades positivas, como a prohibición de exhibir animais en escaparates ou a obrigación de que os anuncios de venda estean debidamente identificados o código de empresa ou autónomo autorizado, pero sosteñen que esta norma será "papel mollado se non hai compromiso nin medios suficientes".

O colectivo 'Libera!' cifra en 19.000 os animais que foron...