Os colexios de Galicia abren o xoves o prazo de solicitude de admisión para o próximo curso

Unha aplicación permite ás familias presentar as súas solicitudes por vía electrónica

Rapaces e rapazas nunha clase. DAVID FREIRE
photo_camera Rapaces e rapazas nunha clase. DAVID FREIRE

Os centros escolares abren este xoves o prazo de solicitude de admisión para o curso 2018-2019, ao que poderán acollerse tanto os alumnos procedentes de infantil que entran por primeira vez no sistema educativo como aqueles que desexen pedir o cambio de centro. 

A petición de admisión poderá presentarse ata o 20 de marzo, tanto por vía presencial como a través dunha ferramenta informática que funciona desde o curso pasado e que permite xestionar o proceso e presentar as solicitudes por vía electrónica. En concreto, trátase da aplicación 'admisionalumnado', que permite ás familias cubrir a solicitude ou marcar os criterios de baremo que, chegado o caso, requiran que se valoren. Tamén permite consultar o estado do proceso nas distintas fases de tramitación. 

Así mesmo, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas serán de Z- T para o primeiro apelido e C- J para o segundo, fixadas por sorteo público na Consellería de Educación.

Comentarios