jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

Comeza a instalación das mangueiras para extraer combustible do Blue Star

A mangueira chega ata o Blue Star. XOÁN REY (Efe)
A mangueira chega ata o Blue Star. XOÁN REY (Efe)
Losada explica que a operación se está levando nos "prazos previstos" â?? Feijóo: "Non nos gusta ter ese barco aí"

As tarefas para instalar a infraestrutura que permita extraer con mangueiras o combustible do buque mercante Blue Star, varado nunha zona costeira do municipio coruñés de Ares, e bombealo ata camións cisterna nunha zona do litoral xa comezaron, informou a Delegación do Goberno.

Segundo ese organismo, este xoves comezaron os "traballos para bombear o combustible contido nos tanques" do quimiquero Blue Star ata depósitos situados na súa cuberta, desde os que despois se trasladará a terra.

As tarefas, que levarán a cabo equipos da empresa holandesa especializada Smit, contratada polos propietarios do buque, de pavillón de Malta, serán supervisadas por atentes do servizo de Salvamento Marítimo e da Mariña Mercante.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, indicou a un grupo de xornalistas en Santiago de Compostela que o proceso leva a cabo nos "prazos previstos".

O dispositivo para bombear o combustible almacenado a bordo do buque, co fin de alixeiralo e facilitar a súa liberación das rocas nas que se atopa varado, está "preparado", segundo Losada.
Equipos na zona do litoral próxima ao buque deben proceder a acondicionar unha pista para facilitar o acceso e saída dos camións cargados co combustible.

Feijóo: "Non nos gusta ter ese barco aí, pero o Goberno dinos que non hai perigo" 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que non lle gusta que o Blue Star, encallado na costa de Ares (A Coruña), estea onde está, pero remarcou que o Goberno lle traslada á Xunta que non hai perigo de contaminación nin para os ecosistemas da zona.

"Non nos gusta ter ese barco aí, pero pola costa galega pasan 12.000 barcos con sustancias perigosas dun total de 40.000, é complexo", esgrimiu o presidente galego, antes de incidir en que, en todo caso, a Administración galega está "alerta".

"Estamos avisados e alertados", esgrimiu, antes de repasar os pasos dados pola Xunta desde o pasado fin de semana e subliñar que se aplicou o plan de prevención fronte á contaminación. Así mesmo, os portos están "en alerta" ante calquera risco.

A "prioridade" agora, remarcou, é "colaborar" con Salvamento Marítimo e "estar a disposición" do Goberno central. Cando se solucione a situación, tocará realizar "a valoración". 

Respecto diso, remarcou que o que traslada o Executivo estatal é que non hai perigo xa que se trata "dun barco de dobre casco, bastante novo, de oito ou nove anos de antigüidade, e que ten unhas toneladas de combustible que necesitaba para a súa propia propulsión".

Comeza a instalación das mangueiras para extraer combustible do...
Comentarios