A Comisión Europea en España fixa a chegada do Ave a Galicia en 2022

O portavoz deixou o peso político sobre as "autoridades nacionais"
Ave na estación de Atocha de Madrid. EFE
photo_camera Ave na estación de Atocha de Madrid. EFE

O portavoz da Representación da Comisión Europea en España, Ioannis Virvilis, fixou para "xaneiro de 2022" a chegada do Ave a Galicia, nun encontro con medios de comunicación na Coruña para abordar as diferentes políticas comunitarias vinculadas con esta comunidade autónoma. 

En rolda de prensa, recordou o investimento de 226 millóns anunciada pola Comisión Europea para as obras do tramo entre Lubián (Zamora) e Taboadela (Ourense) e que incluían unha previsión de que a AVE a Galicia non estará listo ata xaneiro de 2022. 

A preguntas dos xornalistas ao referirse tamén o portavoz da Representación da Comisión Europea en España a este prazo, fronte ao dado polo Goberno español —a finalización das obras nos próximos meses— Virvilis asegurou que se trata dunha data en base "á información" da que dispón a Comisión Europea. 

"Con todo, estes grandes proxectos pódense atrasar ou construír máis rápido", precisou a este respecto nun encontro

Comentarios