O Concello de Tui contratará a un asesor fiscal para asistir aos afectados pola explosión de Paramos

A concesión de axudas podería ter "consecuencias fiscais" para os beneficiarios

Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui. SALVADOR SAS (EFE)

O Concello de Tui avanzou que contratará un asesor fiscal que prestará asistencia aos afectados pola explosión dun almacén pirotécnico clandestino rexistrada o pasado 23 de maio en Paramos e que deixou dous mortos e cuantiosos danos materiais. 

A medida foi anunciada este sábado polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, logo de manter unha reunión con medio centenar de afectados. 

Ao termo do encontro, o rexedor tudense incidiu na necesidade de que a declaración de Paramos como zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil e o posterior decreto "debería incluír unha serie de exencións fiscais para os afectados". 

E é que a concesión de axudas podería ter "consecuencias fiscais" para os beneficiarios, polo que o consistorio decidiu contratar un asesor encargado de informar aos afectados respecto diso. 

Vázquez Padín remarcou a importancia de que os veciños soliciten as axudas, xa que "no peor dos casos sempre estarían a tempo de renunciar ás contías". 

Por último, o goberno local de Tui insta a todos aqueles que sufrisen danos por mor da explosión a que se apunten en como afectados o centro municipal de Guillarei. O prazo conclúe o vindeiro venres 3 de agosto. 

Comentarios