Condenan a un cazador a ver 'Bambi' polo menos unha vez ao mes

A insólita condena xa deu a volta ao mundo

Fotograma da película 'Bambi'. EP
photo_camera Fotograma da película 'Bambi'. EP

A insólita condena imposta por un xuíz de Misuri a un cazador furtivo deu a volta ao mundo. O maxistrado condenou a David Berry Jr. a un ano de prisión e a visionar a cinta de Disney Bambi polo menos unha vez ao mes. O obxectivo é conciencialo sobre o sufrimento animal para evitar que reincida.

Este cazador acabou coa vida de centos de cervos xunto ao seu pai, dous irmáns e un amigo, que tamén foron condenados. Segundo as probas presentadas no xuízo, mataban os animais "por matar". Decapitábanos e levaban só a cabeza.

"Os animais eran os seus trofeos conseguidos ilegalmente", explicou o fiscal do condado de Lawrence.

Comentarios