sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Unha condutora queda atrapada tras encaixar o seu coche contra unha árbore en Santiago

As portas do coche quadaron atrancadas, polo que tivérona que sacar polo portón traseiro do vehículo

Unha condutora quedou atrapada despois de saírse da vía co seu vehículo e chocar contra unha árbore no lugar das Pereiras, en Santiago de Compostela.

Para liberala, os bombeiros da cidade tiveron que realizar diversas manobras ata que conseguiron sacala polo portón traseiro.

Unha vez fóra do vehículo, foi atendida polos servizos sanitarios de urxencia debido ás lesións que presentaba e á gran desorientación que padecía. Segundo a información facilitada por testemuñas do accidente, a consecuencia do impacto, a condutora perdeu a noción do lugar no que se atopaba e era incapaz de saír do coche porque tiña as portas atrancadas. 

Foron estes mesmas testemuñas do accidente quen chamaron ao 112 Galicia ás 15:30 horas deste xoves para pedir axuda. A partir de aí, activouse un operativo no que, ademais dos bombeiros e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, colaboraron os axentes da Policía Local ao tratarse dunha vía municipal próxima ao Polígono do Tambre.  

Unha condutora queda atrapada tras encaixar o seu coche contra unha...