Conmemoran en Santiago os 25 anos da primeira conexión a Internet en Galicia 

A Cidade da Cultura acolleu o Foro tecnolóxico '25 anos da Rede en Galicia'

O Gaiás acolleu este luns o Foro Tecnolóxico 25 anos da Rede en Galicia, impulsado por Código Cero, que rememora a primeira conexión a Internet rexistrada na comunidade galega. 

En febreiro de 1993, o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) conectouse por vez primeira á rede abrindo así na comunidade galega a porta de acceso a un novo mundo de intercambio de información. 

Naquel momento, a pesar da súa limitación a uns poucos computadores nas universidades e entidades pública, estas entidades poderían conectarse masivamente desde o posterior despregamento da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia para darlles servizo desde 1995. 

O foro contou coa presenza do catedrático e director do Cesga en 1993, Juan Casares-Long; o subdirector técnico do Cesga e técnico de Recetga, primeira rede de comunicacións de Galicia, en 1993, José Ignacio López Cabido; o responsable de comunicación do Cesga en 1993, Juan Luís Ruiz Buján; o profesor emérito de Física Teórica e ex reitor da USC, Carlos Pajares; e o autor de Historia da Informática. Unha cronoloxía, Henrique Neira. 

Comentarios