lunes. 14.06.2021 |
El tiempo
lunes. 14.06.2021
El tiempo

O conselleiro asegura que as escolas galegas son "devasas" contra o virus

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. SEBAS SENANDE
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. SEBAS SENANDE
Rodríguez destaca que os centros funcionan como "lugares de ruptura da transmisión" e non se pechou ningún

O curso escolar en primaria e infantil comezou hai un mes, secundaria e bacharelato fixérono algo máis tarde, e desde entón e a pesar da incidencia do covid-19 os centros educativos non só son "seguros", pois non hai ningún pechado, senón que "funcionan como devasas, como lugares de identificación e ruptura da cadea de transmisión" do virus.

Así o subliñou esta mañá na Coruña o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que detallou que, segundo os últimos datos de que dispón, que son do pasado venres, hai ao redor de 470 infectados entre profesores, alumnos e persoal de servizo de entre as 450.000 persoas que entran e saen diariamente dos colexios.

O cociente de afección é xa que logo "tremendamente baixo" e mantén pechadas actualmente de 23 aulas das ao redor de 15.800 que hai en Galicia, apunta o conselleiro, que aclara que en xeral o centro recibe o virus do alumno e non ao revés, é dicir, o alumno non se contaxia no colexio na inmensa maioría de casos.

Detrás destas cifras está o esforzo das familias, dos centros educativos, dos servizos de inspección, dos profesores, etcétera, enumerou Rodríguez, que xunto co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou o servizo de Covid-Auto Escola instalado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Desta iniciativa de Sanidade recalcou que "contribúe a reducir medos, incertezas e tensións que xera nunha familia saber que o teu fillo pode estar potencialmente infectado" de covid-19, polo que se gaña en rapidez e axilidade e contribúese a que teñamos maior capacidade para frear o virus".

A Xunta realizou en toda Galicia máis de 2.000 probas nos Covid-Auto Escola, e a día de hoxe, logo de tres días non laborables, non hai ningún neno pendente de proba.

Ademais desta ferramenta citou a plataforma Educovid, que funciona como un sistema de alerta cos centros para identificar PCR positivas e transmitir con rapidez información sobre contactos e póidanse adoptar medidas inmediatas.

Preguntado polo caso do colexio Luis Seoane e a dimisión da súa directora despois de que un neno quedase esquecido dentro dun autobús escolar varias horas, Rodríguez insistiu nela non foi responsable deste suceso senón de non avisar "en tempo e forma", polo que se produciu unha perda de confianza no equipo directivo, que foi relevado.

O conselleiro descartou que se dea marcha atrás neste asunto porque se podería entender que a decisión do servizo de inspección "pode estar sometida a presións políticas", e opinou que "non debemos pór en tea xuízo a decisión de inspección" porque iso "significaría romper a estrutura da organización dun servizo tan importante como o educativo".

O conselleiro asegura que as escolas galegas son "devasas" contra o...
Comentarios