O Consello de Ministros nomea a David Regades delegado da Zona Franca de Vigo 

O deputado da Deputación de Pontevedra tamén foi concelleiro en Vigo entre os anos 2011 e 2015

David Regades. COLLADO (ADP)
photo_camera David Regades. COLLADO (ADP)

O Consello de Ministros aprobou este venres o real decreto polo que se nomea delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo a David Regades.

Nacido en Vigo en 1973, Regades é segundo tenente de alcalde e concelleiro de fomento, contratación e limpeza do Concello vigués, ademais de membro do comité executivo da Zona Franca.

É técnico especialista da rama administrativa e comercial, na especialidade de contabilidade e técnico en prevención de riscos laborais. Así mesmo, segundo informa o Goberno central, posúe o diploma do curso avanzado en dirección de asociacións empresariais pola Escola de Negocios Caixanova.

É deputado da Deputación de Pontevedra e delegado na área de cooperación municipal, asistencia aos municipios e proxectos europeos. Ademais, é vicepresidente da Fundación da Enerxía de Vigo (Faimevi).

Foi concelleiro de fomento, transportes e novas tecnoloxías do Concello de Vigo entre 2011 e 2015, director do proxecto Vigo Smart City: transformación dunha cidade e tamén xefe de gabinete da Alcaldía de Vigo. 

Comentarios