Os contaxios seguen baixando en Galicia, pero repunta a presión hospitalaria

Un sanitario efectúa un test de coronavirus. ROB ENGELAAR (Efe)
photo_camera Un sanitario efectúa un test do coronavirus. ROB ENGELAAR (Efe)

Os contaxios de covid-19 experimentaron outro descenso en Galicia, con 447 o domingo, polos 560 do sábado, e tamén segue a baixada dos casos activos, pero a presión hospitalaria sobe, con 331 pacientes, 21 máis que no reconto previo.

Segundo o acumulado de vinte e catro horas do servizo galego de saúde (Sergas) solicitado ata as seis da tarde do 22 de agosto, hai 268 enfermos nas plantas convencionais, 21 máis, mentres que nas Uci a cifra, un total de 63, non variou.

O número de casos activos descendeu ata os 10.411, 467 menos, polos 492 do día anterior, polo que a evolución segue sendo positiva.

Desde o inicio da pandemia en Galicia contaxiáronse un total de 175.051 persoas e curáronse 162.131, das que 912 nas últimas horas. A cifra de falecidos alcanza os 2.540, tras as últimas dúas mortes comunicadas.

Por áreas sanitarias, os casos activos volveron a baixar en todas elas.

Na Coruña quedouse en 3.096 (-198), en Vigo en 2.429 (-163), en Pontevedra en 945 (-58), en Ferrol en 785 (-24), en Ourense en 714 (-14), en Santiago en 1.211 (-9), e en Lugo en 1.231 (-1).

A cifra de PCR realizadas na comunidade ascende a 2.703.229, das que 3.863 corresponden á última xornada, e fixéronse 768.281 test de antígenos e 1.087.321 doutras probas de detección.

Comentarios