jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Os contaxios soben a 161 nos centros galegos, onde hai 25 aulas pechadas

O colexio Calasancio, que xa renovou a súa actividade, é o único centro galego que foi pechado por coronavirus ata o momento. GONZALO GARCÍA
O colexio Calasancio, que xa renovou a súa actividade, é o único centro galego que foi pechado por coronavirus ata o momento. GONZALO GARCÍA

Os positivos de coronavirus aumentan en 65 dende o sábado

A evolución dos contaxios por Covid-19 nos centros de educación infantil e ensino non universitario de Galicia segue á alza e xa contabilizan, segundo o último reconto da autoridade sanitaria, 161 positivos que provocaron o peche de 35 aulas.

En comparación co anterior balance divulgado pola Xunta o pasado sábado, aumentaron en 65 os contaxios confirmados e en oito as aulas que tiveron que pechar como medida de precaución.

Non consta, con todo, o peche de ningún centro ao completo, como sucedeu a comezos de mes co Colexio Calasancio de Pontevedra por un contaxio masivo entre o seu profesorado, e que xa retomou as clases presenciais.

A área sanitaria de Santiago é a que máis casos acumula, con 34 positivos, repartidos en 26 centros educativos, seis deles infantís, aínda que o número de aulas pechadas (5) é inferior a outras zonas.

Estes peches incumben á escola infantil Salgueiriño, ao CEIP de Arzúa, EEI Laíño (Dodro), CEIP Rosalía de Castro (Padrón) e EEI Gaioso (Santiago).

A área da Coruña rexistra 33 positivos, catro en escolas infantís e o resto repartidos en centros de ensino non universitario, e seis aulas pechadas: CEIP Alborada (2), Ramón de la Sagra, Fernández Latorre e Netoma Razo (Carballo).

Na zona de Vigo contabilízanse 28 contaxios por coronavirus, dous en escolas infantís, as de Nigrán e Lacaba, e as restantes, repartidas entre 20 colexios ou institutos; e sete aulas pechadas: Outeiro das Penas (Redondela) (2), Pintor Laxeiro (2), e colexio Mariano.

En Pontevedra hai 25 positivos, seis en escolas infantís, das que catro teñen unha aula pechada: Dalila (Marín), A Parda, Vilaboa e Cerdedo-Cotobade.

Os positivos restantes están repartidos entre 13 centros de educación non universitaria, nos que se contabilizan sete aulas pechadas: CPR Calasancio (2); CEIP Barcelos (2), CEIP Magaláns-Dorrón (Sanxenxo), CPR Sagrado Corazón e CPR San Francisco.

Na área de Ourense hai 19 contaxios activos e cinco aulas pechadas: CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo do Carballiño (3), CPR Santo Anxo e CPI Padendra; en Lugo, 17 e unha aula pechada, no CEE Santa María, e na de Ferrol, 5.

Os contaxios soben a 161 nos centros galegos, onde hai 25 aulas...
Comentarios