Extinguido o incendio forestal de Monterrei tras arrasar 126 hectáreas

O lume comezou na tarde do mércores

Vista del incendio forestal declarado la pasada tarde en la localidad de Vilaza, en el municipio de Monterrei (Ourense). BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Vista do incendio forestal declarado en Vilaza, no municipio de Monterrei. BRAIS LORENZO (EFE)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no Concello de Monterrei, na parroquia de Vilaza, atópase extinguido. Segundo apuntou nun comunicado a Xunta, o lume iniciouse ás 17.54 horas do mércores 29 de agosto, e, segundo as últimas medicións, afectou a unha superficie de 126,15 hectáreas, das cales 113,55 son de raso e o resto de arboleda. 

Para controlar o lume, tal e como sinalou a Administración autonómica, traballaron dous técnicos, 31 axentes, 61 brigadas, 22 motobombas, dúas pas, 13 helicópteros e cinco avións. 

A Consellería do Medio Rural recorda que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre lumes poderá ser consultada na conta aberta de Twitter: @incendios085. 

Comentarios