lunes. 06.04.2020 |
El tiempo
lunes. 06.04.2020
El tiempo

Extinguido o incendio do parque natural Serra do Xurés e controlado o de Cervantes

Lume en Cervantes. EP
Lume en Cervantes. EP

O lume na montaña lucense comezou o xoves e afecta a 12,5 hectáreas e o do Xurés a 15

Os incendios forestais que se rexistraban no parque natural Serra do Xurés (Ourense) e Cervantes (Lugo) quedaron controlados á primeira hora da mañá deste domingo, segundo informou a Consellería do Medio Rural. No caso do incendio ourensán iniciouse na noite do sábado na localidade de Lobeira e quedou extinguido logo das 20.30 deste domingo. Segundo as primeiras estimacións, son unhas 15 hectáreas as queimadas.

Por outra banda, está controlado, desde as 9.06 horas o incendio forestal de Cervantes, rexistrado na parroquia de Donís, que comezara o xoves ás 18.08 horas, e que se estima que foi provocado por un raio. A superficie aproximada afectada é de 12,5 hectáreas, 12 delas de monte raso e 0,5 de arboledo, segundo a información facilitada pola consellería. 

Para a extinción deste incendio, mobilizáronse 1 técnico, 9 axentes, 45 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 2 avións. 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. 

Extinguido o incendio do parque natural Serra do Xurés e controlado...
Comentarios