domingo. 25.10.2020 |
El tiempo
domingo. 25.10.2020
El tiempo

Convocada a folga en atención primaria para os días 9, 10 e 11 de abril

Os promotores do paro propoñen unha mesa de diálogo para buscar "un novo acordo"

Os promotores da folga en Atención Primaria para os días 9, 10 e 11 de abril, impulsada pola Coordinadora Galega de Atención Primaria, piden que se abra unha "mesa de diálogo" para "elaborar un novo acordo sobre a mellora" deste nivel asistencial.  Así se recolle na convocatoria rexistrada este venres, na que se concreta que nesa "mesa" estean presenten as sociedades científicas, asociacións profesionais e sindicatos. 

A convocatoria de folga concreta que o ámbito da mobilización "afectará a todo o persoal, incluído o residente, de todas as categorías que prestan os seus servizos nos centros de saúde e nos Puntos de Atención Continuada do Sergas", excepto ao que "xa está en folga indefinida nos PACs".  A folga desenvolverase, segundo exponse no texto do documento, desde as 8.00 horas do 9 de abril de 2019 ata as 8.00 horas do día 12 do mesmo mes. 

Reivindican entre as súas demandas un "aumento progresivo" do orzamento, a creación dunha xerencia e un aumento de persoal

As organizacións sindicais convocantes —UGT, CIG, CC.OO., CSIF, CESM e O'Mega— indican no documento que queren pór de manifiesto a súa "preocupación pola situación que se vive no conxunto da Atención Primaria". Por iso, solicitan que se abra "un marco de negociación" coa administración "co obxectivo de conseguir unha Atención Primaria digna, cunha organización propia que poida xestionar o orzamento e os recursos humanos". Así, inclúen na convocatoria cinco "puntos irrenunciables que inclúen en primeiro lugar a petición dun "aumento progresivo do orzamento para Atención Primaria" co "obxectivo" de lograr o 25% da partida total da sanidade pública (excluíndo o gasto farmacéutico) en catro anos. 

Como segundo punto expoñen a "modificación das actuais EOXIs creando unha Xerencia de Atención Primaria" con "capacidade de planificar e xestionar o orzamento e os recursos humanos propios" en "igualdade", concretan, "coa Atención Hospitalaria, recuperando as áreas sanitarias suprimidas".

PRAZAS E PRECARIEDADE. O terceiro punto céntrano en solicitar un aumento de persoal coa "convocatoria inmediata de todas as prazas necesarias en todas as categorías". En cuarto lugar reclaman "pór fin á política de precariedade laboral de persoal" que cren "imprescindible para garantir a calidade da asistencia". "Esiximos modificar para mellorar o modelo de contrato acordado en mesa sectorial e denominado 'Nomeamento Estatutario Eventual de Continuidade non ámbito do Sergas'", engaden. 

O quinto e último punto céntrase en reivindicar unha solución para o "actual conflito" dos PACs, "garantindo unha prestación asistencial segura e de calidade tanto para pacientes como para profesionais, apoiando as reivindicacións recollidas na súa convocatoria de folga", matizan. Para negociar estes puntos reivindican que se "abra unha mesa de diálogo pola Atención Primaria". 

Convocada a folga en atención primaria para os días 9, 10 e 11 de...
Comentarios