Crecen a 434 os usuarios de residencias infectados tras 16 novos positivos en Pereiro

O centro Os Gozos contabiliza 165 casos activos
Un gato pasa xunto a unha fileira de colectores de lixo no exterior da residencia dos Gozos. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Un gato pasa xunto a unha fileira de colectores de lixo no exterior da residencia dos Gozos. BRAIS LORENZO (EFE)

A cifra de usuarios afectados por coronavirus nas residencias galegas creceu este martes ata 434, tras detectarse 16 novos positivos no centro Os Gozos de Pereiro de Aguiar, intervida pola Xunta e que suma 165 casos activos. 

En concreto, segundo o parte publicado este martes, na última xornada detectáronse 16 novos contagios entre os usuarios dos Goxos e 21 entre os seus traballadores. Tamén se suma un positivo na vivenda comunitaria Pepe Isa II de Entrimo. 

Con iso, a residencia de Pereiro, que está intervida pola Xunta desde o venres, conta con 165 internos cunha PCR positiva. Tras esta está a DomusVi de Outeiro de Rei, con 130 maiores infectados. 

Tamén contan cunha cifra significativa de anciáns afectados a residencia Val de Monterrei (Ourense), con 54, e a Nosa Señora do Viso de Lobeira (Ourense), con 33. Ademais, a residencia Santa Marta de Vigo conta con 13 maiores infectados, a do Incio contabiliza 12 e As Salinas de Ourense ten 11. 

Finalmente, hai casos positivos na Torrente Ballester da Coruña (5), na Ballesol de Oleiros (3), en DomusVi Coruña de Culleredo e a Virxe Branca (con 2 cada unha); e a residencia de Arteixo, os apartamentos tutelados do Incio, a vivenda comunitaria Pepe Isa II de Entrimo e a Nosa Señora dos Milagres de Barbadás (un caso cada unha).

TRABALLADORES. En canto ao persoal dos xeriátricos, os traballadores con covid aumentaron ata os 159, tras o positivo de 21 empregados da residencia de Pereiro de Aguiar, dúas da Ballesol de Oleiros, dúas de Nosa Señora dos Milagres, de Barbadás, e un da residencia do Carballiño. Por outra banda, déuselle a alta a un traballador do fogar residencial El Pinar e outro da Quercus de Leiro. 

Así, como persoal con máis positivos de coronavirus continúa a dos Gozos de Pereiro, con 46 empregados, seguida de 20 en DomusVi Outeiro de Rei; 16 en Val de Monterrei; 17 en Nosa Señora do Viso; e nove no Incio. As Salinas de Ourense conta con catro traballadores con covid, os mesmos que a Ballesol de Oleiros, mentres a Nosa Señora do Socorro de Arnoia (Ourense), a Virxe Branca e a Nosa Señora dos Milagres, teñen tres. 

Así mesmo, con dous casos sitúanse as residencias DomusVi Coruña; Fundación José Otero de Santiago; Orpea Lugo; Casa Grande de Maside; Residencia San José de Ourense; Nosa Señora do Rosario da Cañiza; e o CRAPD Vigo I. 

E cun positivo entre os seus traballadores atópanse as residencias Fogar residencial Nosa Señora do Carme de Fisterra; Porta do Camiño de Santiago; Volta do Castro da capital galega; Residencia Os Tercios de Touro; Residencia de Maiores San Bartolomeu de Xove; Nosa Señora de Fátima do Barco; Nosa Señora dos Milagres de Barbadás; Residencia de maiores con dependencia do Carballiño; Residencia de maiores con autonomía do Caballiño, DomusVi Barra de Miño de Coles; Vivenda Comunitaria Dacon de Maside; Santa María de Melón; Virxe da Clamadoira de Muíños; Fogar Santa María de Verín; Santiago Apóstolo de Vilamarín; A nosa Señora das Dores de Forcarei; Campolongo; DomusVi Ribadumia; CRAPD Vigo II; Fogar Residencial Vistahermosa de Vigo e Residencia Xeriátrica Albi-Beade.

CENTROS DE DISCAPACIDADE. En canto aos centros de atención a persoas con discapacidade na Comunidade galega, só permanece un usuario afectado na residencia Ricardo Baró de Aspronaga, en Oleiros (A Coruña). 

Ademais, hai empregados con PCR positiva na residencia de adultos Pai Menni de Betanzos (A Coruña), que ten tres casos no seu persoal, e o centro Aspace de Sada, a residencia Juan Vidán Torres de Santiago e na San Vicente Paúl de Lugo, cun caso cada unha, respectivamente. 

Comentarios