lunes. 06.07.2020 |
El tiempo
lunes. 06.07.2020
El tiempo

A CRTVG amplía a oferta infantil de 'Xabarín Club' a máis de 12 horas diarias

Xabarín Club. ARQUIVO
Xabarín Club. ARQUIVO
A  Televisión de Galicia dobra a súa programación infantil para facer máis levadeiro o confinamento polo coronavirus aos máis pequenos

A Televisión de Galicia decidiu, practicamente, dobrar cada día a súa programación infantil para contribuír a facerlles máis levadeiro aos máis pequenos o confinamento obrigatorio pola pandemia de coronavirus. En concreto, segundo explicou a entidade, a segunda canle da Televisión de Galicia ampliou a máis de 12 horas diarias a oferta do Xabarín Club, con series adaptadas a audiencia infantil e xuvenil e en lingua galega. 

Desde as 7.00 horas e até a tarde, a G2 ofrece o Xabarín Club, cun amplo abanico de series cuxa emisión só se interrompe pola franxa informativa do mediodía e o programa de divulgación científica Aquelando, dirixido tamén a escolares e mozos. 

Por outra banda, e dado o aumento de demanda de contidos, a CRTVG decidiu pór dispoñible, ao completo, na súa plataforma enserie.gal, o thriller policial A Estiba, que comezou a emitirse online en setembro de 2019 e que acompañou aos galegos na noite dos domingos durante 17 capítulos. 

Así, esta produción estará dispoñible no arquivo de series online da Televisión de Galicia, no que tamén se atopan historias míticas como Pratos Combinados, Mareas Vivas ou Matalobos, xunto con ficcións máis recentes como Virandeira ou Vidago Palace

A CRTVG amplía a oferta infantil de 'Xabarín Club' a máis de 12...
Comentarios