Declarados culpables de asasinato os acusados do crime da Esmorga

O xurado popular ten un veredicto logo de tres días de deliberación sobre a morte do mozo de 22 anos en Albarellos

Los dos acusados, durante la última fase del juicio. BRAIS LORENZO (Efe)
photo_camera Los dos acusados, durante la última fase del juicio. BRAIS LORENZO (Efe)

O tribunal xurado do crime da Esmorga ditou veredicto de culpabilidade por un delito de asasinato con aleivosía para os dous acusados, Óscar E.L. e Eduardo F.L . Tras dous días de deliberacións, condenounos por maioría de sete votos.

Dúas semanas despois de que se constituíse o xurado para xulgar o coñecido como caso A Esmorga –sobre a morte dun mozo de 22 anos logo de ser arroxado á canle do río Viñao (O Carballiño), no encoro de Albarellos tras unha longa noite de festa en decembro de 2014–, os nove membros que compuxeron o tribunal popular leron este martes a súa resolución na Audiencia Provincial de Ourense.

"Culpables", sentenciaron, sobre os dous procesados polo falecemento de Alexandru Walter Boghio. O xurado valorou os feitos como unha morte causada de xeito intencionado que se produciu con aleivosía e coa implicación de ambos.

Unha vez disolto o xurado, agora tócalle a quenda á maxistrada presidente do tribunal, Ángeles Lamas, que terá que redactar a sentenza en base ao disposto no veredicto. Fiscalía e acusación particular solicitan que se impoñan aos acusados a pena de 17 anos. Pola súa banda, as defensas piden a pena mínima para o delito de asasinato: 15 anos.

Comentarios