viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

A defensa do Chamaco di que o seu estado mental impediulle defenderse

O Chamaco durante a segunda sesión do xuízo. VICTORIA RODRÍGUEZ
O Chamaco durante a segunda sesión do xuízo. VICTORIA RODRÍGUEZ
“Creo que é un argumento que non ten ningún tipo de fundamento e non pode nin debe prosperar”, responde a acusación particular

A avogada que se ocupa da defensa de José Manuel Carballo, coñecido como O Chamaco, no xuízo que se celebra na Audiencia Provincial de Lugo contra el polo asasinato da súa muller, asegurou aos medios de comunicación que o seu estado mental quedou acreditado durante a súa declaración na vista oral, porque “non foi capaz nin de defenderse el mesmo”.

"Sofre algún padecimiento, precisamente sen diagnosticar e sen tratar, que desembocou en todo isto, está a quedar bastante claro"

Antes de entrar na segunda xornada do xuízo, que se está celebrando con tribunal do xurado, a letrada Paloma Becerra dixo que se está probando o que esta parte pretende utilizar como defensa. E é que, efectivamente, é unha persoa cuns problemas mentais importantes. Cun problema psiquiátrico. Cunha problemática nerviosa aínda sen diagnosticar”.

Desde logo, “que sofre algún padecemento, precisamente sen diagnosticar e sen tratar, que desembocou en todo isto, está a quedar bastante claro”, engadiu.

De feito, a avogada da defensa recordou que foi José Manuel Carballo iniciou un tratamento “psiquiátrico” no cárcere “que el mesmo abandonou".

Empezou a tomalo “desde o primeiro momento, pero solicitou el abandonalo. Se é que ese é o problema”, insistiu.

En canto á comparecencia do seu defendido na vista oral, opina que “quedou clara a súa personalidade. Unha persoa parquísima en palabras, que non foi capaz nin de defenderse el mesmo, cuns padecimientos que xa se puxeron de manifesto na propia declaración”.

Non opina o mesmo, en cambio, o avogado que exerce a acusación particular, Óscar Núñez Torrón, quen opina que declaración de José Manuel Carballo no xuízo “cumpriu as expectativas das acusacións”, porque veu a reforzar “notoriamente” as súas teses.

Desde o seu punto de vista, agora está máis clara a súa culpabilidade, porque “as probas están a reforzar as conclusións provisionais”.

En canto ao testemuño do acusado, quen dixo que se quería suicidar, pero se lle disparou accidentalmente a escopeta e matou a Ana Gómez, afirmou que esa confesión “sinceramente” sorprendeuno”.

“Creo que é un argumento que non ten ningún tipo de fundamento e non pode nin debe prosperar”, dixo Núñez Torrón, quen tamén avanzou que as probas periciais e o testemuño das testemuñas citadas para hoxe “van reforzar as teses das acusacións”. 

O Chamaco foi increpado cando era conducido por axentes da Garda Civil ao interior da Audiencia Provincial por representantes de dous colectivos feministas e de apoio ás mulleres que son vítimas da violencia de xénero, que lle chamaron “asasino”, “cabrón” e “besta”. 

A defensa do Chamaco di que o seu estado mental impediulle defenderse