Denuncian unha agresión a un mozo pontevedrés que levaba unha 'estreleira'

Os atacantes propinaron diversas patadas á vítima ao berro de "¡Esto es España!"

Sombras de manifestantes sobre una bandera nacionalista, este jueves, en la plaza del Obradoiro. LAVANDEIRA JR. (EFE)
photo_camera Sombras de manifestantes sobre una bandera nacionalista, este jueves, en la plaza del Obradoiro. LAVANDEIRA JR. (EFE)

A organización Galiza Nova denunciou este xoves unha agresión "fascista" sufrida por un mozo mentres paseaba polas rúas de Pontevedra.

Segundo informa o propio colectivo, o suceso desencadeouse cando "un grupo de rapaces de entre 20 e 25 anos" atacaron á vítima por levar posta unha camiseta coa bandeira independentista de Galicia. Ao berro de "¡Esto es España!", os agresores propinaron diversas patadas ao mozo sen que mediase ningún tipo de provocación.

A intervención doutro grupo de persoas que se atopaba cerca do lugar do incidente resultou clave para parar a agresión e que o asunto non pasa a maiores, tal e como indica Galiza Nova no seu comunicado.

A organización xuvenil denuncia que esta non foi a única agresión "ultradereitista" esta semana en Pontevedra, xa que tamén tiveron coñecemento doutros no centro da cidade durante o día.

As fontes da organización aseguraron que esta agresión "responde á creación dun terreo de cultivo propicio para o aumento da violencia" e atribúeno a un "dereito do espectro político a nivel global" que se basea en "discursos abertamente violentos" contra os movementos que se colocan "contra o sistema, especificamente no estado español, o nacionalismo das nacións sen estado".

En nome de Galiza Nova rexeitan que a violencia "teña un lugar á hora de defender os ideais políticos". Tamén denuncian a "impunidade" ante estas agresións mentres que a organización sostén que "a xustiza española está máis ocupada en aplicar a Lei Mordaza e reprimir a liberdade de expresión".

Galiza Nova aínda non presentou ningunha denuncia formal nin na Comisaría da Policía nin na Garda Civil.

Comentarios