jueves. 24.10.2019 |
El tiempo
jueves. 24.10.2019
El tiempo

Denuncian que os alumnos de bacharelato deben estudar Relixión para cursar Robótica ou Antropoloxía

Un crucifixo nunha aula.AEP
Un crucifixo nunha aula.AEP

A exdeputada do BNG Came Adán presenta un escrito xunto a tres docentes nas sedes do Valedor e do Parlamento galego

O colectivo '#FilosofíaSi', integrado por profesores de Filosofía de Secundaria, presentou unha queixa formal ante o Valedor do Pobo e o Parlamento de Galicia pola obrigatoriedade para o alumnado de 1º de Bacharelato de cursar a materia de Relixión Católica se queren matricularse nunha das optativas autonómicas como Robótica, Antropoloxía ou Coeducación para o século XXI.

Tres docentes do colectivo, entre eles a exdeputada do BNG Carme Adán, presentaron o escrito este mércores nas sedes do Valedor e a Cámara galega. Nel solicitan á valedora do Pobo, Milagros Otero, que "ampare o dereito constitucional á liberdade ideolóxica, de crenza, credo e culto" do alumnado e permita que poidan declararse "obxectores de conciencia" para non cursar Relixión Católica, ou ben sexan eximidos de estudar esta materia.

En declaracións aos medios no Pazo do Hórreo, Carme Adán asegurou que este requisito "vulnera" os artigos 14 e 16 da Constitución porque o alumnado que quere cursar Robótica, Antropoloxía ou Coeducación para o século XXI –todas elas materias optativas autonómicas– debe elixir "necesariamente" a materia de Relixión Católica para así poder cumprir coa carga horaria obrigatoria.

Adán puxo o foco no "paradóxico" do caso da materia de Coeducación, creada neste curso 2018/19 e na que se estudan "valores contraditorios" coa Relixión Católica, como a violencia de xénero ou o patriarcado.

Ademais, segundo destacou Alicia Garea, esta situación "non só constitúe unha discriminación" para o alumnado que non queira cursar Relixión Católica por ir "contra os seus valores ou crenzas", senón que tamén impide que "poidan formarse" noutras materias por rexeitar estudar a materia sobre o catolicismo. 

Denuncian que os alumnos de bacharelato deben estudar Relixión para...
Comentarios