Denuncian un desabastecemento de luvas no Sergas 

Sinalan que "había noticias" de que a sanidade pública galega dispuña material "para só 15 días"
Guantes. AEP
photo_camera Luvas. AEP

O sindicato Prosagap denuncia o desabastecemento de luvas no Sergas, nun "novo episodio en relación coa falta de medios adecuados e a desprotección da saúde" dos profesionais sanitarios fronte o coronavirus.

Nun comunicado, lamenta que agora toca "a quenda" das luvas tras outros "despropósitos" como máscaras "defectuosas" e a subministración de equipos de protección "non adecuados".

Censura que resulta "incrible" que "desde principios de maio xa se tiñan noticias de que o Sergas dispuña unicamente de stock de luvas para 15 días. Por iso, agora en hospitais e centros de saúde hai "restricións de uso nuns casos e desabastecemento noutros deste artigo básico".

Mentres, todas as fiscalías territoriais galegas manteñen abertas as dilixencias de investigación en relación ás máscaras defectuosas entregadas en diferentes áreas sanitarias galegas a finais do mes de abril e cuxa distribución foi denunciada polo sindicato dos profesionais da sanidade pública galega Prosagap.