Denuncian a "falta de interese" da Xunta ante o caso dun can morto por inanición

O cadáver do animal foi entregado polo propio dono aos axentes de Policía

A raíz do caso da malos tratos animais ocorrido en Chantada, son moitas as asociacións que pretenden aproveitar este momento para tratar de dar visibilidade a outros sucesos do mesmo tipo non coñecidos. Á vez que critican a actitude das administracións.

A Asociación Animalista Libera denunciou esta mañá "a falta de interese da Xunta de Galicia por castigar a persoas que, presuntamente, cometeran actos de recoñecida crueldade contra os animais".

Desde a organización pon como exemplo o caso dun can morto por inanición o pasado 22 de Novembro no municipio de Ribeira. O animal fora maltratado por un home de 51 anos foi detido e imputado. O mesmo individuo foi o que entregou nunha bolsa de plástico o cadáver do animal aos axentes.

Ante esta situación, Libera! reclama que "a administración autonómica acudise como 'acusación popular' en posibles procesos xudiciais".

Comentarios