Lunes. 20.05.2019 |
El tiempo
Lunes. 20.05.2019
El tiempo

Denuncian que unha "neglixencia" deixou en coma a unha muller no Álvaro Cunqueiro

Los familiares de Alida Giménez en el Cunqueiro. AGN
Los familiares de Alida Giménez en el Cunqueiro. AGN

Familiares e achegados leron un manifesto ante o hospital vigués

A familia de Alida Jiménez, unha paciente que leva "case un mes e medio" ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro "en coma profundo" e "con alto risco de falecemento", creará unha plataforma e emprenderá "as accións necesarias" para denunciar as "malas prácticas" e as "neglixencias médicas" que, advertiron, ocorren no centro vigués.

A Sociedade Xitana de Galicia explicou que, no caso de Jiménez, a afectada "entrou por urxencias polo seu propio pé" porque sentía "fatigas" e, debido ás "malas prácticas" e "a nula sincronización" dos especialistas e os tratamentos, acabou en coma. "Non estaría nesta situación se os médicos no canto de ordenar un TAC ordenasen unha resonancia magnética" que "detectaría a lesión cerebral" que sufría e que "recomendaba non intervir", asegurou.

Denuncian que unha "neglixencia" deixou en coma a unha muller no...
Comentarios