martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Denuncian un total de 265 casos de venda ilegal de animais desde febreiro en Galicia 

As asociacións Libera e Fundación Franz Weber reclaman á Xunta que actúe contra unhas empresas que se estarían non só a "lucrar coas transaccións" senón tamén coa propia publicidade inserida en cada anuncio"

As asociacións Libera e Fundación Franz Weber informaron á Xunta de Galicia dun total de 265 casos de venda ilegal de animais en páxinas web e redes sociais, desde febreiro deste ano, principalmente de razas 'potencialmente perigosas', aínda que tamén de "cans empregados para tarefas cinexéticas". 

Con todo, as entidades animalistas denuncian que "non obtiveron ningunha resposta satisfactoria ata o momento" e reclaman á Xunta que actúe contra unhas empresas que se estarían non só a "lucrar coas transaccións" senón tamén coa propia publicidade inserida en cada anuncio. 

can_coruña_3

A Lei de Benestar Animal de Galicia, que impón sancións pola venda ilegal de animais de ata 5.000 euros, esixe que calquera anuncio destas características inclúa, de forma obrigatoria, o número do Rexistro galego de núcleos zoolóxicos, algo que "se incumpre de forma sistemática". 

O comercio ilegal de animais leva aparellado, apuntan os animalistas, non só posibilidades dun "posterior abandono por compras irresponsables ou por aburrimento do animal", senón tamén un "crecente custo" para a administración ante a carga que supón a recollida de animais abandonados. 

Ademais, estas entidades alertan de que en moitas das ofertas se detectou a venda dos denominados "cans potencialmente perigosos", que "poden caer en mans completamente inadecuadas". 

can_ou_5

Denuncian un total de 265 casos de venda ilegal de animais desde...
Comentarios