A deputada Alexandra Fernández deixa a primeira liña política

Retoma os estudos de Arquitectura tras o seu paso polo Congreso como parlamentaria de En Marea

La diputada Alexandra Fernández. AEP
photo_camera A deputada Alexandra Fernández. AEP

"Despois dunha profunda reflexión, poño fin, pois, a unha etapa dura e intensa. Tiven moi claro desde o primeiro momento que o meu tempo na política institucional había ser limitado. Nestes tres anos non fixen máis que reafirmarme na importancia de estar na política por convicción e non por necesidades persoais. Por iso sempre tiven presente a necesidade de retomar a miña carreira. Volto agora a ela, mantendo o meu compromiso militante desde a base". Así se expresa en Facebook a deputada de En Marea Alexandra Fernández, militante de Anova nada en Vigo en 1988 e que ten pendente de rematar o traballo fin de carreira en Arquitectura e Urbanismo.    

Alexandra, que asegura na rede social que "estamos nuns tempos convulsos que requiren respostas audaces e de mirada longa", considera que "é momento para pararse, para reflexionar, para máis traballo ao carón das compañeiras, para esa militancia en que os rumbos compartidos xeran afectos e proxectos de longo alento, porque a Galiza combativa do Nunca Máis, do 15-M ou do 8-M segue palpitando urxencia".

A parlamentaria, de 30 anos, deixa a primera liña política reivindicando o seu traballo institucional e tras manter un paulatino distanciamento dos seus compañeiros de grupo no Congreso e amosar publicamente o seu apoio a Luís Villares como portavoz de En Marea.

Comentarios