lunes. 16.09.2019 |
El tiempo
lunes. 16.09.2019
El tiempo

Desaloxado en Quiroga un Alvia con 204 pasaxeiros tras impactarlle un raio

A caída dun raio obrigou a deter e desaloxar durante "máis dunha hora" un tren Alvia que realizaba o percorrido de A Coruña a Barcelona. Sucedía ao paso do convoi por Quiroga e a incidencia provocou un atraso de 62 minutos.

Segundo informaron fontes de Renfe, o tren saíu ás 8:05 desta mañá da localidade coruñesa en dirección a Barcelona cando se viu sorprendido sobre as 10:15 horas por un raio, ao seu paso pola zona de San Clodio, preto de Quiroga. A consecuencia do mesmo produciuse un pequeno incendio.

Ningunha das 204 persoas que viaxan a bordo resultaron feridas.  

Desaloxado en Quiroga un Alvia con 204 pasaxeiros tras impactarlle...
Comentarios