Localizada con vida a muller de 85 anos desaparecida en Avión

A octoxenaria saíra dar un paseo

A octoxenaria, xunto a un axente da Garda Civil. TVG - Portada
photo_camera A octoxenaria, xunto a un axente da Garda Civil. TVG - Portada

A octoxenaria, xunto a un axente da Garda Civil. TVGA Garda Civil do Carballiño localizou este luns con vida a muller de 85 anos que desaparecera no lugar de Baresmo, en Avión (Ourense), e que fora vista por última vez o pasado domingo, 3 de febreiro, segundo precisou o grupo de emerxencia supramunicipal (GES) do propio municipio avionense. 

Segundo sinalou o GES da localidade, a anciá, orixinaria de Albarellos –parroquia do concello ourensán de Monterrei– responde o nome de Felicita E.D..

A octoxenaria foi dar un paseo e a familia, ao ser consciente da súa tardanza, mobilizou á Garda Civil e a Protección Civil, así como a numerosos veciños que colaboraron desde o primeiro momento na busca, que rematou en final feliz.