viernes. 23.10.2020 |
El tiempo
viernes. 23.10.2020
El tiempo

Cinco falecidos elevan a 736 as vítimas de covid en Galicia

Pasillo del hospital Lucus Augusti de Lugo (Hula), donde se produjo una de las dos muertes de la jornada. VICTORIA RODRÍGUEZ
Pasillo del hospital Lucus Augusti de Lugo (Hula), donde se produjo una de las dos muertes de la jornada. VICTORIA RODRÍGUEZ
Sanidade notifica este luns sete mortos relacionados coa pandemia despois de que o domingo non comunicase ningún por primeira vez nun mes 

Cinco novos falecementos producidos nas últimas horas, un deles o dunha usuaria da residencia Ballesol de Oleiros (A Coruña), elevou a 736 as vítimas mortais da pandemia da covid-19 en Galicia. 

Do cinco mortes notificadas na tarde deste luns por fontes sanitarias, catro delas producíronse en hospitais da cidade herculina. 

En concreto, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) faleceron un home de 85 anos, outro de 67 e unha muller de 92 que proviña da residencia Ballesol de Culleredo. Ademais, perdeu a vida un home de 78 que permanecía ingresado con coronavirus no hospital privado HM Modelo. 

A quinta vítima trátase doutro home de 78 anos que estaba hospitalizado por covid-19 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). 

Así, as mortes comunicadas pola Consellería de Sanidade ao longo deste luns ascenden a sete, xa que pola mañá informara de que perderon a vida un home de 61 anos no Hospital Lucus Augusti (HULA), da residencia DomusVi de Outeiro de Rei (Lugo); e unha muller de 103 anos que morreu dentro da residencia As Salinas, en Ourense.

115 VÍTIMAS EN 'NOVA NORMALIDADE'. Deste xeito, este luns Galicia volveu a aumentar a lista das vítimas que deixa a pandemia a pesar de que Sanidade non comunicara ningún deceso este domingo, o que levaba un mes sen ocorrer --desde o 27 de agosto--. 

Co seis novos mortos coñecidos, o número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascendeu a 115. 

A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus. 

Cinco falecidos elevan a 736 as vítimas de covid en Galicia
Comentarios